Categoría: Literatura en Galego
7 Abril 2012
Vai nacendo o sol entre os montes afastados polo espazo interior. Unha folga xeral deixa aberta a ferida das inxustizas ao tempo que os antigos versificadores non dan crédito aos despropósitos da inmoralidade actual. Érguese do seu asento o poeta ferido polo feito de non poder comprender a realidade actual. Recolle do chan a súa tinta vermella, obsequia ao reloxo da parede cun sorriso e lamenta o non poder arrancar do seu peito o cravo que durante a noite fixo que soñase coa fin do mundo. Deseguido retrocede como o fan os covardes e sabe que algo se move alegremente máis alá de todo o que nos venden os informativos, as linguas sanguinolentas e os profetas do caos. Entón, con camisa de cadros e pipa en man, plántase fronte ao papel en branco: imaxina o verso que ha de vir de vagar dende os confíns do cosmos para poder ser plasmado con tacto e aleivosía. Por momentos sente a pena do home que está por nacer, a ferida aberta do adulto que é soidade engadida á sociedade de sumo consumo, sente o xúbilo do home que loita por el mesmo, recompila abanos de mil flores inesquecibles, sentimentos de mil cadáveres, centos e centos de ósos que pertenceron a personaxes ilustres que agora -a causa do orgullo da dama Morte- repousan en cemiterios húmidos onde o esquecemento é o pan de cada día. Así é que o poeta recapacita:
Sucede que pasamos pola vida adornando a nosa existencia con ideas e actos que consideramos imprescindibles, e antes de que nos decatemos, estas ideas e estes actos falecen 4 ou 5 minutos antes ca nós mesmos, xa que o único que fai que o home sexa eterno e necesario é o feito de ser recordado tras a súa fuxida alén do establecido. O demais é levidade insistente, prexuízo cun mesmo e sequidade de alma e dentes… O sol xa se asentou entre os montes afastados. O poeta, o letraferido, dóese xa que non posúe respostas exactas nun mundo inexacto; tamén desexa averiguar de onde procede esa ferida que o perseguiu ao longo de tantos lustros. Tal vez fora provocada a causa da angustia de saberse exemplar único nunha creación de copias baratas, homes e mulleres cortadas polo mesmo patrón. Quizais fose un mal suspiro, unha lamentación prolongada ata o inferno cotián, a fuxida da súa amada a terras malditas ou mesmo, o traballo diario de intentar permanecer cordo nun lugar feito a imaxe e semellanza do inxusto. Aínda así decide golpear con forza o papel en branco e por sistema van saíndo os xenuínos sentimentos (negro sobre branco): "Acomódase o ar nas miñas veas e fai que a miña alma visite a necrópole onde os mortos viventes se posicionan fronte ás desconfianzas inintelixibles do primeiro ocaso”. Deseguida, regálalle ao ceo unha profunda bafarada de fume...
!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>![endif]-->![endif]-->![endif]-->![endif]-->![endif]-->
servido por alexandervortice
sin comentarios
compártelo
27 Julio 2011
O ar acariña as árbores...
Logo da noite,
a festa das fadas acariña o rostro
dalgo chamado Paz.
Eu precisaría de máis dunha vida
para poder conprender
o incomprensible.
Hai vida despois vida,
pusúo unha dor na miña cabeza
que di que todo é e nada
e que alén do meu maxín
reside o corvo que devora
maxia.

servido por alexandervortice
sin comentarios
compártelo
24 Marzo 2010
Vexo as chamas dos espíritos brancos
ao tempo que unha vida valente
circula por estas veas,
por estes dedos fatigados
de tanto como che escribo.
Ollar axustado ao ollar que rabuña
o límite das emocións.
Erótica selva de AMOR é o que nós vivimos,
pel viva unida ao silenzo...
o que nós vivimos pertence ao silenzo.
Delirio ao teu carón: vexo as chamas
ao tempo que sinto no meu peito o destino
deses soldados que rexeitan
todas as guerras existintes.
servido por alexandervortice
sin comentarios
compártelo
21 Marzo 2010
Eu escoitei os queixumes oceánicos,
eu disfrutei do ar sen berros,
disfrutei da cabeza sen proxectos escuros
e da intensa cor daquel iris suxeito ao eterno.
Hai unha terra de viño no meu terreo.
Hai brancura na noite, hai ollos entreabertos
cando non queres durmir ou morrer durmindo,
hai lembranzas dun poeta satisfeito cando adiviñas
as miñas lembranzas e os meus cavilamentos.
Foi iso a brisa do teu futuro?
Eu sentín o primeiro dos teus saloucos,
eu tiven fume de cigarro vello na alma,
eu camiñei e camiñei firmemente alén
da fronteira onde habita a nosa ficción.

servido por alexandervortice
sin comentarios
compártelo
29 Diciembre 2009
Amor, é lexítimo pensar
que todo o que dixen ata o momento
non é máis ca un círculo celeste
dirixido cara a certeza do imposible?
Porque ben sabemos os dous
que a nosa xeración
foi decapitada polo seu xeito de vivir,
de abandoar e despedir as utopías
que no pasado recente
foron manexadas polas mans
dos homes sen utopías.
Amor, nas nosas conversas
xa non están presentes
os medos xélidos, xa non fala o vento
que leva a pel morta deses homes
que loitaron por utopías milenarias.

servido por alexandervortice
sin comentarios
compártelo
21 Octubre 2009
Está anestesiado o amencer,
está disolto nos meus ollos o Ceo
e o teu íntimo xeito de vivir e revivir
o tic-tac dunha data futura.
Parénteses de soños nos teus temores.
Circulan os minutos nas miñas pupilas
cómplices da louca filosofía.
Ilusións dunha noite disfrutada
sen malpocada escuridade.
Circulan os minutos diante da sabiduría
que lle roubamos ás fadas do querer.
Está falando a gorxa do mariñeiro
con calima na alma, está falando
o amencer con canto intruso que di
que ti e eu somos futilidade.

servido por alexandervortice
sin comentarios
compártelo
21 Octubre 2009
Tocar a túa satisfacción
e as rosas durmidas sobre o teu ventre.
Sombras azuis invaden a galaxia
dos nosos corpos, intactos corpos,
veloces corpos que cospen medos.
Tocar o teu corazón de sangue morno
e sentir o pulso durmido nas mans unidas
polo singular e polo plural.
Sombras e sombras unidas aos poros
da túa pel, branca pel, algo máis que pel
e algo máis que AMOR.
E os corpos que falan,
falan agora que limpo o horizonte
coas miñas mans de cruceiro.
servido por alexandervortice
sin comentarios
compártelo
21 Octubre 2009
É pecado non terte, non desfrutarte,
non levarte neste peito próximo
a todas as mulleres do verde mundo irreal.
Teño ciumes de medianoite
e aloumiños sen deños,
sen incendios de tebras.
E no fondo de todo estás ti.
No fondo do puro está o puro,
no fondo da poesía está
o derradeiro dos meus poemas.
Teño beixos de noite e ollos lunares,
beixos e ollos sen deños,
sen ansiedade, sen fervenza de cinzas.
servido por alexandervortice
sin comentarios
compártelo