La Coctelera

Literatura de Alexander Vórtice

Escritor de minorías

23 Marzo 2010

Eiquí Nós

Eiquí nós: con fala galega e retranca propiamente galega. Galegos hainos no mundo enteiro, e eu mesmo son galego nesta terra de séculos escuros, esquecidos e sempre esperanzados. Din que este idioma vaise perdendo, xa que outras línguas máis "productivas" vanse facendo un oco aos poucos, vanse facendo co "comercio". Din, aínda nestes tempos de remorsos e dores inesquecibles, que o galego é un idioma de xente pobre, inculta, de aldea, quero dicir. Pero eu opino que esa é a xente que lle da vida ao idioma, lonxe dos debates, das Universidades onde "os que saben" tíranse dos pelos a causa da "choiva", "chuva" ou "chuvia", das bandeiras con estrelas vermellas, gaivotas azuis ou rosas con puño pechado. Eles, a xente da rúa, a xente cotiá, son os verdadeiros signos culturais que durante séculos fixeron que esta lingua chegara ata nós da maneira que o fixo. Aínda así, pérdese, vaise perdendo... Din que as subvencións non son suficientes, e canto máis estudamos, máis se vai perdendo, entón, case se podería dicir que canto máis cultos tentamos ser, máis incultos ímos sendo. Todo esto tal vez sexa por un motivo global: o omnipotente capitalismo con crise incorporada, a globalización de "Happy Meal" -sen queixo de tetilla-, deixando a un lado o lacón con grelos, a gaita, o anagrama celta e o "manda carallo, meu". Este é o motivo de que se vaian perdendo línguas minoritarias no mundo: o capitalismo cruel, asasino e doente; esa forma de pensar e actuar que nos persegue día a día, noite tras noite, crise tras crise, e que nos fai ser fillos e netos dun consumismo que limita as liberdades e a personalidade, ata o punto de facer de nós uns títeres sen fíos, sen identidade, ou coa identidade que o marketing e os políticos queren que teñamos. Coido que a defensa de tódalas culturas é algo bo, enriquecedor, necesario e, dende logo, eso quere dicir que defender o noso é defender o que somos, o que seremos, se é que nos deixan facelo, ou polo menos intentalo, sen muros, coa forza do pobo, do verdadeiro galego que non entende de ideoloxías ou motivos escuros. Rosalía, Castelao, Manoel Antonio, Rivas, Suso de Toro..., ao parecer levan e levaron a língua dende eiquí ata alén do máis profundo cavilamento; son autores universais, xente coñecida, citada, e continurán sendo citados co paso do tempo. Aínda así, hoxe quédome con todos os descoñecidos, eses homes e mulleres que seica -teño oído por aí- son persoas sen cultura nin bandeira. Seica son fillos do sacho, dun pobo que fala cousas raras porque non son normativas, non veñen no "todopoderoso" Diccionario da Língua Galega. Só lle pido a Deus, ou a quen sexa, que non se nos esqueza endexamáis que somos o que somos, que avanzamos ou retrocedemos segundo moitos factores, que as culturas non son moeda de cambio, que as culturas pequenas tamén posúen dereitos e deberes, e que somos galegos, sen ter en conta as ideoloxías ou calquera tipo de política... Aínda galegos.

servido por alexandervortice sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de alexandervortice

Literatura de Alexander Vórtice

ver perfil »
contacto »
NOTA BIOGRÁFICA (informal): Fue a finales de los años 70 –creo- que nací y me mostré al mundo, o el mundo se mostró a mí, ¿quién sabe? Obras publicadas: “Destilería Ocaso”, (año 2004), y tiempo después, “Neurosis Tremens” (año 2005). Más tarde colaboré en el anuario "Galicia Selecta" (año 2008) Hoy por hoy, aún me atrevo a escribir..., lo siento.

Enlaces

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera